DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013.

Estes días estamos a realizar actividades relacionadas coa obra e traballo de ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Coa intención de aproximar aos nenos e nenas este autor, actor galego, reinterpretamos a súa caricatura e creamos unha marioneta.
A súa imaxe a identificamos coa súa caricatura: o nariz, o sombreiro..son elementos significativos.
A través de pequenos textos, poemas, os sorrisos, as caretas, as sesións de teatro e curtas representación no teatriño de títeres  intentamos conseguir unha achega a súa figura e traballo para a cultura e as letras galegas.

la foto(344)

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.