GRAZAS POR PARTICIPAR. Hoxe un ano máis de escola.

O noso agradecemento a todas as familias e amig@s por compartir a nosa ilusión por levar adiante este proxecto.A presenza dos nenos e nenas da escola neste día tan especial foi numerosa e tamén moi importante as visitas de ex-alumn@s montealto.

Grazas á colaboración de persoas “amig@s da escola”:

A Irene Olveira,por botar unha man en momentos difíciles, por aconsellar e ensinar a nosa lingua.

A Begoña Codesal por estar sempre pendente da nosa actividade e do noso ánimo,por ser magnífica compañeira.

A Alfredo Chavert por inventar e crear aparellos nunca vistos e compartir moitas mañás con nós na escola.

A cada un dos que fai posible que,  Monte Alto hoxe cumpra 26 anos de traxectoria.

GRAZAS

Pingando mantén a súa actividade ata rematar no mes de xullo a actividade escolar, ao longo destes días na entrada da escola poderedes ver de novo os circuitos de auga e o material feito para este proxecto.

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.