DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013.

Estes días estamos a realizar actividades relacionadas coa obra e traballo de ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Coa intención de aproximar aos nenos e nenas este autor, actor galego, reinterpretamos a súa caricatura e creamos unha marioneta.
A súa imaxe a identificamos coa súa caricatura: o nariz, o sombreiro..son elementos significativos.
A través de pequenos textos, poemas, os sorrisos, as caretas, as sesións de teatro e curtas representación no teatriño de títeres  intentamos conseguir unha achega a súa figura e traballo para a cultura e as letras galegas.

la foto(344)

GRAZAS POR PARTICIPAR. Hoxe un ano máis de escola.

O noso agradecemento a todas as familias e amig@s por compartir a nosa ilusión por levar adiante este proxecto.A presenza dos nenos e nenas da escola neste día tan especial foi numerosa e tamén moi importante as visitas de ex-alumn@s montealto.

Grazas á colaboración de persoas “amig@s da escola”:

A Irene Olveira,por botar unha man en momentos difíciles, por aconsellar e ensinar a nosa lingua.

A Begoña Codesal por estar sempre pendente da nosa actividade e do noso ánimo,por ser magnífica compañeira.

A Alfredo Chavert por inventar e crear aparellos nunca vistos e compartir moitas mañás con nós na escola.

A cada un dos que fai posible que,  Monte Alto hoxe cumpra 26 anos de traxectoria.

GRAZAS

Pingando mantén a súa actividade ata rematar no mes de xullo a actividade escolar, ao longo destes días na entrada da escola poderedes ver de novo os circuitos de auga e o material feito para este proxecto.

 

CIENCIA NA RÚA- SÁBADO 4 DE MAIO

CIENCIA NA RÚA

la foto(338)

A ESCOLA PRESENTA O PROXECTO PINGANDO NO QUE O XOGOS COA AUGA SON OS PROTAGONISTAS

VEN A COMPARTIR CON NÓS ESTA XORNADA FESTIVA DA CIENCIA E PASAR UN DÍA NO QUE PODEDES COMPARTIR CON MOITA XENTE EXPERIENCIAS DE CIENCIA FEITAS POR OUTRAS ESCOLAS E CENTROS EDUCATIVOS.

HABERÁ CONCERTOS, PASARÚAS,GRATUITOS TODOS OS MUSEOS.

ESTAREMOS NA XAIMA Nº21.

ESPERÁMOSVOS

A ACTIVIDADE COMEZA as 11 h. e remata ás 19 horas.

compartimos compartimos 2 curiosidade descubrimento experimentamos experimentamos 2 investigamos observamos sensacións xogo