EIM Montealto

Periódico escolar


DÍA DA AUGA

PINGANDOpingando

2013 ,ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA.

Nacións Unidadas  propuxo o 2013 como  o ano intenacional da Cooperación na esfera da auga.

Desde a escola queremos participar nesta conmemoración  coas nosas posibilidades e ofrecer un protagonismo especial a este tesouro que nos rodea e fai posible a vida, a auga.

Desde moi pequenos expresamos o noso interese e gusto pola  auga. Non só por tratarse de satisfacer unha necesidade vital, senón por que tocando,escoitando, vendo e probando a auga sentímonos felices.

Que ten a auga, para que sexa unha das primeiras palabras que dicimos..?

A auga está ligada á vida mesma, á nosa existencia.

 

Resulta doado propor a auga como eixo de traballo, pero a nosa intención vai un pouco máis aló de satisfacer as súas ansias de xogo e goce. Os nosos obxectivos  parten do xogo para chegar a través do seu goce a iniciar ao neno en sinxelas investigacións.

Este proxecto parte da auga  desde diferentes propostas:

A auga e as mesturas

A auga e a materia

A auga e o son

A auga e ródaa

A auga e o movemento

A auga e a calor

A auga e a masa

Cada un destes grandes bloques de traballo foi un proxecto de ciencia, polo que partimos de coñecer as posibidades que poden chegar a lograrse con cada uns deles. Sen dúbida é un reto máis no noso camiño de facer da ciencia algo cotián para o neno e a familia.

 

 

Monte Alto nesta convocatoria presenta unha proposta que ten á auga como eixo do seu proxecto de ciencia.
Non hai ningunha dúbida do interese e paixón que esperta e exerce a auga sobre os nenos, polo que a motivación para xogar con ela témola lograda.Propomos ir máis aló coa súa curiosidade e dirixir o seu interese nas  relacións con outros elementos tan interesantes como: a materia, a roda, o xiro e movemento- a masa- os sons-a calor e o corpo.
A auga entra na escola para empaparse dos proxectos de ciencia anteriores e fíltrase neles con toda a súa forza e posibilidades.
Baixo unha estratexia de indagación e de aprender xogando, deseñamos e seleccionamos recursos, organizamos as actividades, e expomos situacións nas que os nenos desde primeiros meses a tres anos teñen oportunidades de experimentación sinxela, nas que comezan a descubrir os cambios e os procesos de transformación na auga e na materia.
A familia é compañeira indiscutible deste proxecto, á que convocamos para seguir na  casa estas pequenas investigacións e ofrecer o seu punto de vista sobre o que acontece nestas situacións de experimentación .As súas aportacións  complementan á escola e enriquecen coa súa achega ao proxecto.
A ciencia forma parte da vida escolar, e desde a diversidade de proxectos que se desenvolven ao longo do curso, vai cobrando maior espazo e tempo no noso facer educativo. Mirar a través da ciencia é,  empapar as experiencias de sentido e esixe de nós os educadores unha tarefa apaixonante de aprendizaxe.