Paxaro de cores

 paxaros de cores
Como estes días estamos impacientes esperando a chegada dos poliños, despois de pasar pola incubadora a observar e mover cada un deles, chegamos á aula
e se facemos ovos? como podemos facelos sen que rompan?….
eles mesmos dixeron – CON PLASTILINA!
ESES NON rompen… eles saben que os da incubadora hai que darlles a volta con coidado.
Xogamos   a facer ovos de plastilina …. Os ovos eran de cores…mesturamos as cores da plastilina…fixemos  boliñas , aplastabamos coas nosas mans para facer o cesto  de ovos de Maruxa e SORPRESA!
entre tantas cores a nosa imaxinación funcionou….entre as mans apareceu UN PAXARO DE CORES…..QUE BONITO! Ten pico-ollo e ás de cores..fascinante o que somos capaces de facer e descubrir!!
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.