Buscas

buscando

Buscas…

As nais e pais do grupo cacho-cole estades no momento de toma de  decisión sobre onde seguirá o voso fillo/a a escolaridade.
Cos pés aínda na escola, tendes que ir facendo unha  nova andaina, que para moitos de vós está chea de preguntas, preocupacións e dúbidas.
As visitas aos colexios están empezando, … é moi recomendable que  fagades a visita aos colexios e  que tamén preguntedes todo o que  está a dar voltas pola cabeza.
Contar co noso apoio.
Engadimos  ao noso blog as direccións  e enlaces dos centros públicos que están máis próximos á escola.
Dicirvos que este tema é moi importante e transcendente para as que cremos nun tempo continúo da infancia 0-6 , pero que estamos deste lado do 0-3, suxeitos ao que a lei contempla.
Durante moito tempo nesta escola tivemos ata os seis anos,.. era o ano 2003 cando o deixamos !..  daquela cando remantaban levaban unha maleta chea de experiencias e posibilidades para comezar unha nova etapa.
Agora no 0-3 estamos á mitade de camiño. Moi á mitade!!!
Pero aínda que o tempo de infancia cambia de reloxo,  e pasa a medirse  y mirarse por outros ollos, ..o noso compromiso  é sempre  favorecer que os “nenos e nenas do cacho-cole”  teñan capacidade para facer  encontros  favorales e positivos con  novos espazos, actividades, mestras e compañeiros..
e que
sexan vividos con seguridade e interese
e que
 A curiosidade manteña a súa viaxe..!!
Deste xeito e valorando o importante que é este momento para todos: nenos, pais e nais e mestres..poñemos en marcha unha iniciativa..
Comezamos cun encontro de intencións  entres ceips e escolas infantís deste barrio para reflexionar sobre o proceso “da escola ao colexio” e favorecer que os nenos e nenas atopen nas súas novas aulas unha continuidade  coa  esola. De momento estamos nun primeiro paso: coñecernos e compartir unha idea común de traballar pensando nos pequen@s-
Grazas a Ana Pravia e( nai da escola) por formar parte desta iniciativa e favorecer o encontro.

Relación de webs  e  blogs de infantil dos CEIPS

  • CEIP SANJURJO DE CARRICARTE

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanjurjo/

http://bichinhosmontealto.blogspot.com.es/

 

  • BLOG – EQUIPO EDUCACIÓN INFANTIL CEIP VICTOR LOPÈZ SEOANE

http://cachelinhasdatorre.blogspot.com.es/

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvictorseoane/category/1/1/3/38

  • CEIP CURROS ENRÍQUEZ

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/

Nesta páxina tendes os blogs feitos polos alumnos.

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.