Tyl Tyl na escola.

la foto(84)

Os compoñentes do grupo de teatro madrileño para nenos Tyl-Tyl estiveron o pasado luns na escola. Tralo  taller de formación do venres para profesores, e a representación do domingo do espectáculo JOP, Daniel, Ave e Javier mostraron interese en coñecer a nosa escola, e pasar con nós un ratiño do día.
O luns.todo foi un pouco diferente e agardamos con moita ilusión contar con eles. Cando chegaron, alá polo mediodía estivemos cantando algunhas das súas cancións e xogamos tamén con pequenos textos.Eles cantaron “pola gota de auga…sube un peixe de cores”.. Levaron como agasallo  do seu paso por  esta pequena escola, algo moi noso.creado,feito e que é de todos un pouco:  traxes de paxaros -trapiño.
Quedamos prendidas do seu facer e contar..e prometeron voltar pola escola. Grazas TYL -TYL por vosa creatividade e bo traballo para todos os que vivimos o tempo de infancia como algo especial, único e marabilloso.
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.