Casa do Home- mércores 6 de marzo- precisamos colaboradores para acompañar ao grupo ata a entrada do Museo.

97 enciga

O próximo mércores día 6 o grupo do cacho-cole visita a Casa do Home, máis coñecida entre nós como Casa da Mona Lisa.

A sorte de ter tan preto da escola este museo facilita as cousas do desprazamento, xa que iremos andando.

Precisamos contar con familiares voluntarios para acompañarnos ata as portas do museo, e logo voltar a recollernos canda marchemos.

O mellor como 6 o 7 persoas.Esperamos a vosa colaboración.

Hora de saída da escola 10h.

Hora de saída do museo ás 12 horas.

TEDES INFORMACIÓN DESTA VISITA-PROPOSTA DE TRABALLO NA PÁXINA DE ACTIVIDADES DE GRUPOS (PADRES)

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.