DÍA DA AUGA

PINGANDOpingando

2013 ,ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA.

Nacións Unidadas  propuxo o 2013 como  o ano intenacional da Cooperación na esfera da auga.

Desde a escola queremos participar nesta conmemoración  coas nosas posibilidades e ofrecer un protagonismo especial a este tesouro que nos rodea e fai posible a vida, a auga.

Desde moi pequenos expresamos o noso interese e gusto pola  auga. Non só por tratarse de satisfacer unha necesidade vital, senón por que tocando,escoitando, vendo e probando a auga sentímonos felices.

Que ten a auga, para que sexa unha das primeiras palabras que dicimos..?

A auga está ligada á vida mesma, á nosa existencia.

 

Resulta doado propor a auga como eixo de traballo, pero a nosa intención vai un pouco máis aló de satisfacer as súas ansias de xogo e goce. Os nosos obxectivos  parten do xogo para chegar a través do seu goce a iniciar ao neno en sinxelas investigacións.

Este proxecto parte da auga  desde diferentes propostas:

A auga e as mesturas

A auga e a materia

A auga e o son

A auga e ródaa

A auga e o movemento

A auga e a calor

A auga e a masa

Cada un destes grandes bloques de traballo foi un proxecto de ciencia, polo que partimos de coñecer as posibidades que poden chegar a lograrse con cada uns deles. Sen dúbida é un reto máis no noso camiño de facer da ciencia algo cotián para o neno e a familia.

 

 

Monte Alto nesta convocatoria presenta unha proposta que ten á auga como eixo do seu proxecto de ciencia.
Non hai ningunha dúbida do interese e paixón que esperta e exerce a auga sobre os nenos, polo que a motivación para xogar con ela témola lograda.Propomos ir máis aló coa súa curiosidade e dirixir o seu interese nas  relacións con outros elementos tan interesantes como: a materia, a roda, o xiro e movemento- a masa- os sons-a calor e o corpo.
A auga entra na escola para empaparse dos proxectos de ciencia anteriores e fíltrase neles con toda a súa forza e posibilidades.
Baixo unha estratexia de indagación e de aprender xogando, deseñamos e seleccionamos recursos, organizamos as actividades, e expomos situacións nas que os nenos desde primeiros meses a tres anos teñen oportunidades de experimentación sinxela, nas que comezan a descubrir os cambios e os procesos de transformación na auga e na materia.
A familia é compañeira indiscutible deste proxecto, á que convocamos para seguir na  casa estas pequenas investigacións e ofrecer o seu punto de vista sobre o que acontece nestas situacións de experimentación .As súas aportacións  complementan á escola e enriquecen coa súa achega ao proxecto.
A ciencia forma parte da vida escolar, e desde a diversidade de proxectos que se desenvolven ao longo do curso, vai cobrando maior espazo e tempo no noso facer educativo. Mirar a través da ciencia é,  empapar as experiencias de sentido e esixe de nós os educadores unha tarefa apaixonante de aprendizaxe.

xoves 21 Festa!!

 

holi

 

O día 21 de marzo estará  cheo de celebracións.

Festa holi, día da auga, comezo da primavera… a escola terá un xornada adicada a celebrar o comezo dun tempo onde as cores e a auga  son as protagonistas.

Necesitamos as camisetas de “paxaro-trapiño” de cada nen@

 

 

 

PITIÑOS..

la foto(107)Xa temos dous pitiños!!

Os primeiros momentos:

Onte martes día 19, chegaron os pitiños cando os nenos e nenas da escola estaban durmindo. Un encontro moi esperado e unha acollida chea de emocións.

O pitiños non poden estar na entrada, xa que a temperatura non é adecuada, polo que estarán ata o venres dentro da escola.  Hoxe é moi probable que poidamos ver outro máis.

 

Os pitiños

Os pitiños

la foto(108)

Paxaro de cores

 paxaros de cores
Como estes días estamos impacientes esperando a chegada dos poliños, despois de pasar pola incubadora a observar e mover cada un deles, chegamos á aula
e se facemos ovos? como podemos facelos sen que rompan?….
eles mesmos dixeron – CON PLASTILINA!
ESES NON rompen… eles saben que os da incubadora hai que darlles a volta con coidado.
Xogamos   a facer ovos de plastilina …. Os ovos eran de cores…mesturamos as cores da plastilina…fixemos  boliñas , aplastabamos coas nosas mans para facer o cesto  de ovos de Maruxa e SORPRESA!
entre tantas cores a nosa imaxinación funcionou….entre as mans apareceu UN PAXARO DE CORES…..QUE BONITO! Ten pico-ollo e ás de cores..fascinante o que somos capaces de facer e descubrir!!

Buscas

buscando

Buscas…

As nais e pais do grupo cacho-cole estades no momento de toma de  decisión sobre onde seguirá o voso fillo/a a escolaridade.
Cos pés aínda na escola, tendes que ir facendo unha  nova andaina, que para moitos de vós está chea de preguntas, preocupacións e dúbidas.
As visitas aos colexios están empezando, … é moi recomendable que  fagades a visita aos colexios e  que tamén preguntedes todo o que  está a dar voltas pola cabeza.
Contar co noso apoio.
Engadimos  ao noso blog as direccións  e enlaces dos centros públicos que están máis próximos á escola.
Dicirvos que este tema é moi importante e transcendente para as que cremos nun tempo continúo da infancia 0-6 , pero que estamos deste lado do 0-3, suxeitos ao que a lei contempla.
Durante moito tempo nesta escola tivemos ata os seis anos,.. era o ano 2003 cando o deixamos !..  daquela cando remantaban levaban unha maleta chea de experiencias e posibilidades para comezar unha nova etapa.
Agora no 0-3 estamos á mitade de camiño. Moi á mitade!!!
Pero aínda que o tempo de infancia cambia de reloxo,  e pasa a medirse  y mirarse por outros ollos, ..o noso compromiso  é sempre  favorecer que os “nenos e nenas do cacho-cole”  teñan capacidade para facer  encontros  favorales e positivos con  novos espazos, actividades, mestras e compañeiros..
e que
sexan vividos con seguridade e interese
e que
 A curiosidade manteña a súa viaxe..!!
Deste xeito e valorando o importante que é este momento para todos: nenos, pais e nais e mestres..poñemos en marcha unha iniciativa..
Comezamos cun encontro de intencións  entres ceips e escolas infantís deste barrio para reflexionar sobre o proceso “da escola ao colexio” e favorecer que os nenos e nenas atopen nas súas novas aulas unha continuidade  coa  esola. De momento estamos nun primeiro paso: coñecernos e compartir unha idea común de traballar pensando nos pequen@s-
Grazas a Ana Pravia e( nai da escola) por formar parte desta iniciativa e favorecer o encontro.

Relación de webs  e  blogs de infantil dos CEIPS

  • CEIP SANJURJO DE CARRICARTE

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanjurjo/

http://bichinhosmontealto.blogspot.com.es/

 

  • BLOG – EQUIPO EDUCACIÓN INFANTIL CEIP VICTOR LOPÈZ SEOANE

http://cachelinhasdatorre.blogspot.com.es/

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvictorseoane/category/1/1/3/38

  • CEIP CURROS ENRÍQUEZ

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/

Nesta páxina tendes os blogs feitos polos alumnos.

 

Concerto no Pazo da Opera- grupo cacho-cole

O próximo venres día 22 o grupo de cacho-cole asistirá ao concerto

“As cores das cordas” no Pazo da Opera.

Ao longo desta semana comezamos a falar sobre esta actividade, tamén estivemos escoitando pezas musicais sinaladas na guía didáctica feita polos organizadores do acto, e vendo pequenas proxeccións de concertos e montaxes. Coa  idea de que tamén dende a casa poidades compartir con nós estas actividades engadimos á páxina de “Actividades dos grupos” uns apuntamento sobre o mesmo.

 

Unha semana moi diferente

Unha semana na que as  ausencias foron importantes.

Remata mañá venres unha semana moi diferente as habituais da escola.
Moitos nenos e nenas están enfermos e  a escola está un pouco baleira.
MOITO ÁNIMO, FORZA, SÁUDE para todos.  E.. esperamos que o luns todo volva a normalidade.
Por certo, o  luns.. remata o tempo da primeira tanda de ovos na incubadora.. e o martes a segunda. Esto quere dicir que podemos ver !!poliños!!. xa vai sendo hora.. non?? .Tamén a eles os estamos esperar con emoción.

Adicado aos peques que están pochiños..e ás mamás e papás.. que están a pasar estes días na casa..

POESÍA: “EL PRIMER RESFRIADO” de Celia Viñas Olivella.

 
Me duelen los ojos,
me duele el cabello,
me duele la punta
tonta de los dedos.
Y aquí en la garganta
una hormiga corre
con cien patas largas.
Ay, mi resfriado,
chaquetas, bufandas,
leche calentita
y doce pañuelos
y catorce mantas
y estarse muy quieto
junto a la ventana.
Me duelen los ojos,
me duele la espalda,
me duele el cabello,
me duele la tonta
punta de los dedos.
 

Sobre a vida dos seres vivos da escola:

A Tartaruga Tina vai recuperando o seu apetito e parece que está mellor.

Os hamsters femias do cacho-cole, xa teñen nome..!!

Xa que falamos por moitos motivos de  Fleming, Darwin, Galileo..tócalles o turno as mulleres de ciencia, que temos moitas!!

Chamamos HIPATIA á pequena hamster de cor negro

Chamamos MADAME CURIE, á pequena hamster de cor brancola foto(91)

la foto(90)