un novo fogar..

hamster

 

 
Dúas hamsters foron abandonadas diante da tenda de animais “Don Perro”, onde levamos á consulta e mercamos os animais da escola.
¿queredes levar á escola estes hamsters? -preguntáronnos
 
Foi necesario un día de reflexión e recollida de opinións entre as maiores da escola..
Non e a primeira vez que temos hamsters, aínda que a experiencia anterior foi un pouco tráxica,estamos dispostas a coidar e facer que estes animais vivan o mellor posible.
 
Dende o venres, dúas hamsters teñen o seu fogar no cacho-cole.
 
Estes son os primeiros momentos do encontro:
Despois do teatro unha sorpresa agarda na aula do cacho-cole. Unha gaiola no chan e todos moi calados esperando ver algo máis …
 la foto(45)
Unha das hamsters baixa do tubo de cores
la foto(46)Pois moi ben, aquí comeza unha nova experiencia para todos e todas.
 
Ter animais na escola é unha responsabilidade que queremos compartir e aproximar  aos nenos e nenas dunha forma didáctica e divertida.
Ter preto animais na escola favorece e fai posible que ..
-Observemos e diferenciemos o movemento, desprazamento, alimentación e hábitos de vida de especies diferentes ( peixes, tartarugas,hamsters..)
-Percibimos os cambios ao longo do tempo nos seres vivos:nacemento-crecemento-reprodución-morte ..
-Observamos e participamos nos coidados e relacionamos cos nosos hábitos diarios: descanso-actividade-alimentación-aseo-xogo
-Mostramos respeto e coidado por eles.
-Motivamos para despertar interese por saber cousas da vida animal. As preguntas xurden dunha maneira máis natural e xustificada. A búsqueda de respostas é unha forma de comezar  pequenas investigacións baseadas algunhas delas na observación diaria. ( cantas veces comen?-onde e cando durmen?-que lles molesta o gusta?… por que fan así ?.xestos, movementos..
Comeza  deste xeito, dende a observación de seres vivos, un proceso moi interesante para desenvolver a curiosidade e a elaboración de conceptos pero especialmente de actitudes e valores sobre a vida dos seres vivos.
 
Marabillosa  experiencia que engadimos a vida da escola.
 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.