Proxecto School to School

 PROXECT SCHOOL TO SCHOOL.

Animais do noso país e animais da India

Obxectivos:

  • Aprender que en cada lugar do mundo hai animais distintos.
  • Recoñecer a algúns dos animais da India que non habitan no noso país.

NOMEAR

  • Animais que coñecemos que viven cerca nosa: cans, gatos, paxaros, coellos, vacas, ovellas, galiñas, porcos, hámsteres…os que están na escola ( tartarugas,peixes,..)
  • Algúns animais da India: tigre, elefante, serpe…lembramos os que temos no panel da entrada..e nas imaxes da escola.

Imos xogar a inventar animais novos, imaxinando que puidésemos mesturar aos que temos aquí cos que hai alí. Como sería un gato con orellas de elefante? Ou unha serpe con patas de galiña? E un paxaro coas raias dun tigre?

Inventamos un nome para este animal fantástico?

O luns é o último día,xa que temos que mandar o traballo antes do día 23 de febreiro.

grazas por participar.

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.