Antía e Susana esperan pola chegada de Nicolás.

Queda moi pouco tempo para o nacemento do irmá de Antía. Chamarase Nicolás.
Susana díxonos que non  tiña sacado fotos destes meses…pois non hai nada mellor que ter a man unha máquina de fotos e disposición para facelas. Prometimos que estarían no blog da escola…Aquí as tedes.
Moitos parabéns e que dentro duns días vexamos a Nicolás pola escola. Bicos.
Un poema fermoso de Rosalía Morlán do libro “Estrelas de Azucre” adicado a todos os pequenos. ..e a Nicolás especialmente:
 ARRORÓ MEU NENIÑODSC06781
 
“Arroró meu neniño
Arroró meu amor
que se ti non dormes
mañá non haberá sol,
nin sairá a cantar
o grilo cantor,
non piarán os paxaros
o ceo non terá cor,
arroró meu neniño
arroró meu amor.
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.