Casa das Ciencias e Planetario.

casa de las ciencias 4

casa de las ciencias 3

 
 
 
 
 
 
 
 
O pasado día 23 estivemos na Casa das Ciencias e no planetario da nosa cidade. Esta visita é a primeira dun programa de saídas para o grupo do Cacho-cole que finalizará alá polo mes de xuño.
O día non era moi agradable polo tempo, pero a realidade é que aproveitamos e gozamos dunha mañá chea de actividades e de novas.
Primeiro o pequeno paseo polo parque, logo o encontro do amigo astronauta que esperaba por nós para regresar ao espacio e de novo estar entre os planetas, estrelas…subiu ata o último piso, e alí…. desaparecer no medio da oscuridade..
Despois da proxección de estrelas, nos fomos achegando ao mundo do amigo Darwin. Por último tivemos a grata sorpresa de atopar un poliño, que foi con moito agarimo recibido por este magnífico grupo de “galos e galiñas” do cacho-cole.
As imaxes desta visita e das actividades que estivemos a facer na escola para descubrir os mundos de Galileo e Darwin nuns días.casa de las ciencias 1
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.