Na escola estes días….

Dende hai unha semana por toda a escola temos xogos e materiais que fan referencia o universo: planetas, estrelas, satélites..telescopioIMGP0940
Coas luces e as sombras estamos a facer actividades onde observamos como as cousas poden verse  doutra forma.
Galileo e Darwin pode que empecen  a ser nomeados por eles, xa que temos os seus retratos por puntos estratéxicos da escola: na entrada, ao carón das tartarugas, no Cacho-cole…estes personaxes están vinculados á visita á Casa das Ciencias e xunto co astronauta virán con nós nesta primeira saída.
Onte venres 18, estiveron na escola un grupo de mestres cataláns que saben e traballan moito coa astronomía: Rosa MªRos,Carme Alemay, Eloi, Jaime Fábregat.. Eles están a dar un curso de fin de semana na Casa das Ciencias e na Fundación Barrie para profesores de infantil e primaria sobre astronomía. Pertence a eu-unawe.  http://www.unawe.org/
 
12
Desta visita tan interesante e entrañable e da proposta de actividades que estamos a levar a cabo na escola teredes máis información nuns días.
 
 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.