Emma e Berta na escola

Hoxe día 3 de xaneiro, Emma volveu á escola como é xa unha tradición dende hai algúns anos.

Esta vez Emma estivo coa súa nai,Berta.Berta y Emma no nadalDurante un ratiño Emma fixo das súas na escola, encántalle facer teatro, bailar e cantar, e sempre temos a sorte de contar coa súa actuación polo nadal.Pero esta vez, trouxeron unha sorpresa para a escola…..!!!que emoción¡¡¡

Aínda que non celebramos como é merecido o noso 25 aniversario, Emma e Berta non esqueceron esta data e fixeron un regalo precioso para todos grandes e pequenos.O primeiro de todo, é que o presente estaba acompañado dunha tarxeta con estas palabras.

“Dejamos de temer aquello que se ha aprendido a entender”

(Marie Curie)

Dentro da tarxetas unhas palabras preciosas sobre o que escola significa para elas……”segue formando parte das nosas vidas..”

Xunto con estas palabras un regalo para  que dende a escola contemplemos o universo cos planetas  en movemento.

Grazas de todo corazón, por esta mañá dedicada a nós e por seguir volvendo á escola cando é nadal…

Dedicaremos un poema de estrelas a Emma cando miremos os  astros.

Por exemplo o poema do Astronauta semanal, do conto Poemas con piruleta de Carlos Fontes

“Quero ser astronauta
voar en nave espacial
saír do planeta Terra en viaxe semanal
o luns visitar a Lúa
o martes ir ata Marte
O mércores a Mercurio
O xoves coñecer Xupiter
O venres estar en Venus
O sábado ir a Saturno
Domingo chegar ao Sol
e despois de merendar
a Urano, Neptuno e Plutón
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.