TRAPIÑO

PROXECTO TRAPIÑO

Comezamos

Monte Alto é unha escola municipal que comezó o seu camiño no ano 1987.

Despois de 25 anos, as persoas que formamos parte dela, seguimos a ter o mesmo entusiasmo e inquietude por facer que os nenos e nenas e as súas familias atopen neste centro, un tempo e espazo agradable, cordia,didáctico e cheo de afecto.

O equipo de persoas que traballamos con estas intencións estamos comprometidas coa educación de calidade, innovadora e actualizada, asentada na realidade do noso barrio e cidade, pero abertas a explorar novas relacións con outras escolas, centros e profesionais.

Con esta ilusión renovada, no ano do 25 aniversario, ofrecémonos para acercar e intercambiar vivencias neste blog, que pasiño a pasiño  emprende unha aventura na rede para todos vós.